top of page

Catálogo         FAQ         Contacto 

Index       Catálogo       FAQ       Contacto       Sobre nós       Galería

High_Hill_Pants_transp.png
Spain_flag.png

Frequently

Asked

       Questions

Preguntas máis frecuentes

Pregunta: ¿Fas envíos aos Estados Unidos?
Resposta: Pois claro.
P. ¿Fas envíos a Australia?
R. Pois claro.
 
P. ¿Tes un listado de tallas?
R. No que respecta aos pantalóns, non: todos son feitos a medida segundo as características do cliente. Nun futuro, cecáis máis productos serán añadidos ao catálogo seguindo un sistema de tallas. 
P. ¿Os modelos son distintos para muller e para home?
R. Non. Salvo que se sinale o contrario, os modelos son unisex. O ancho, longo, etc. de cada modelo dependen das características do cliente.
 
P. ¿Cómo se fai un pedido?
R. Manda un correo electrónico a highhillpants@gmail.com ou contacta connosco na nosa páxina de Facebook. En calquera caso se che solicitará que facilites tres datos: a túa estatura completa, o teu ancho de cintura e a túa talla habitual de pantalóns.
P. ¿Cales son os gastos de envío?
R. Esta é unha pregunta complicada de respostar. Os gastos de envío dependen do tamaño e peso do pedido. Á súa vez, o tamaño e peso dun pedido dependen de multitude de cuestións: natureza e número de modelos encargados e as súas dimensións, as teas empregadas na súa confección, etc. A modo de exemplo, o que segue é o habitual:
- Pascalón: 9€ (envíos nacionais), 15€ (envíos europeos), 17€ (resto do mundo).
- Lansquetón: 12€ (nacionais), 22€ (europeos), 28€ (resto do mundo).
- Protectón: 14€ (nacionais), 32€ (europeos), 36€ (resto do mundo).
P. ¿É necesario pagar por adiantado?
R. Sí. Requerirase o pagamento dos productos cando a súa elaboración estea a piques de comezar.
P. ¿Qué métodos de pago están disponibles?
R. Transferencia bancaria ou Paypal. No segundo caso, aplicarase un recargo do 3% para cubrir as tarifas aplicadas por Paypal.
P. No que respecta ao mantemento, ¿cómo recomendas lavar e secar este tipo de prendas?
R. Para pequenas manchas de suor, recoméndase frotar cun pano empapado en vinagre branco - non só limpa, tamén axuda co cheiro. Para limpezas completas, a primeira vez lava a man e en auga fría, por precaución ante posibles destinxidos (cas teas novas nunca se sabe). A partir de ahí, pasa á lavadora e segue con auga fría. No tocante ao secado, de ser posible, tende ao vento. As secadoras son o mal.
P. Teño máis preguntas...
R. Pois non dubides en mandar un correo electrónico a highhillpants@gmail.com e plantexalas ;-) Alternativamente, también podes contactar connosco na nosa páxina de Facebook.
bottom of page