top of page

Catálogo         FAQ         Contacto 

Index       Catálogo       FAQ       Contacto       Sobre nós       Galería

High_Hill_Pants_transp.png
Spain_flag.png

Sobre nós

Mesa de trabajo.jpg
High Hill Pants  é unha pequena empresa dedicada á confección de prendas a medida, e especializada en roupa e equipación deportiva e/ou recreativa de inspiración histórica. Estamos ubicados na Galiza (noroeste da Península Ibérica).
Agás que se especifique o contrario, cada unha das nosas prendas elabórase de xeito persoalizado e individual, atendendo ás instruccións e características específicas peculiares de cada cliente. Na súa elaboración, sempre procuramos empregar materiais de notable calidade suministrados por proveedores con presenza física en territorio galaico - isto permítenos revisar e verificar en persoa as características de cada un deses materiais, antes de procesalos para a elaboración dos nosos produtos.
Aínda que previamente xa sondeárase o mercado da esgrima histórica con algúns prototipos, High Hill Pants comezou oficialmente a súa andadura en xaneiro de 2017.
 
  Tecidos.
Salvo excepcións nas que nos veamos obrigados a recorrer a alternativas diferentes para compracer solicitudes moi específicas, de cotío empregamos os tecidos pormenorizados á continuación:
  • Sarga de cotón (100% cotón). Gramaxe de 240g/m2 aproximadamente. Dispoñible en varias cores. Tecido de tacto natural e aspecto elegante, resistente e lixeiro.
  • Sarga de policotón (65% poliéster, 35% cotón). Gramaxe de 235g/m2 aproximadamente. Dispoñible únicamente en cor negra. Unha tea de tacto e aspecto naturais, bastante resistente e ao mesmo tempo lixeira.
  • Punto de polielastano (95% poliéster, 5% elastano). Gramaxe de 260g/m2 aproximadamente. Dispoñible únicamente en cor negra. Unha tea de tacto suave e excelente caída, lixeiramente elástica e que non se engurra con facilidade.
  • Loneta de policotón (70% cotón, 30% poliéster). Gramaxe de 210g/m2 aproximadamente. Dispoñible nunha ampla gama de cores, teaa de tacto e aspecto naturais, moderadamente resistente e liviá.
  • Punto de poliéster (100% poliéster). Gramaxe de 550g/m2 aproximadamente. Dispoñible en branco e negro. Tea con resistencia certificada anti-perforante de 350 newtons.
bottom of page