top of page
Zimmerpants
Os Zimmerpants son pantalóns folgados e cómodos, axustables á cintura cunha goma elástica e un cordón que pode ser atado por diante. Os puños incorporan unha cinta para ser atados por embaixo dos xeonllos. Este modelo foi desenvolvido a partir do patrón do Pascalón, aplicándose un efecto encrechado tanto na cintura coma nos puños.
O primeiro modelo de Zimmerpants foi un encargo personalizado de Ekkehard Zimmer, en tecido azul noite con detalles en amarelo ouro, tomando inspiración desta ilustración. O modelo básico é completamente negro, sen as cintas laterais, aínda que o seu engadido ven sendo unha solicitude asidua abondo.
O deseño é perfectamente compatible con proteccións para xeonllo e canela.
Especificacións técnicas.
-
Prezo base: 70€
-
Material: tecido de cotón, poliéster ou mesturas (por exemplo, 65% poliéster - 35% cotón).
-
Peso: uns 500g habitualmente (pode variar en función das medidas do cliente).
-
Personalización:
-
Petos: poden añadirse por +3€ (un) ou +5€ (el par). Van no interior da parte de atrás, máis ou menos sobre as nádegas, non se ven desde fora. Espazo abondo para unha carteira, un teléfono móbil, etc.
-
Cores: en teoría, calquera cor é posible, na práctica dependerá dos tecidos que se poidan conseguir. É posible realizar combinacións de cores (metade e metade, "xadrezado", etc.) aínda que en tales casos pode aumentar lixeiramente o prezo final.
-
A corda da cintura e as cintas dos puños son de cor negra por defecto, pero tamén se pode reemplazar por outras cores (+2€).
-
Poden añadirse cintas aos laterais (gros-grain, pasamanería ou ambas) por un incremento de prezo que dependerá do número e natureza das mesmas.
-
Galería
O orixinal
Os primeiros Zimmerpants. Tea de cor azul noite, cintas de gros-grain e pasamanería en amarelo ouro.
O orixinal (lateral)
Vista lateral do orixinal.
Negro / ouro
Zimmerpants de cor negra con cintas de gros-grain e pasamanería en color amarelo ouro.
bottom of page