
Protectón

O Protectón, coma o seu nome suxire, é un modelo de protección acolchada para cando as cousas se poñen interesantes e as pernas corren risco de recibir golpes. O pantalón en sí componse de dúas pezas distintas: un set acolchado (combinación de varias capas de grosa loneta de cotón cunha capa fina e elástica de foam) e unha parte externa "decorativa" ao estilo do Pascalón ou Lansquetón habitual.
Aínda que en principio ofrecíase a posibilidade de encargar ámbalas dúas pezas unidas na cintura, non tardamos en decatarnos de que resultaba moito máis práctico telas por separado. A pesares de saír lixeiramente máis caro, as vantaxes en cuestión de hixiene (aireado e secado da prenda interior), versatilidade (a peza externa pode vestirse de xeito independente no caso de así desexalo) e comodidade de transporte e almaceaxe fan que pague moito a pena.
A peza acolchada ofrece unha protección media fronte aos golpes: máis que o típico pantalón de esgrima de 350N, pero menos que pads grosos e semirríxidos de foam ou, por suposto, proteccións de plástico (estilo policial, etc.). O obxectivo é conseguir un compromiso equilibrado entre protección, mobilidade e estética.
O deseño é totalmente compatible con proteccións para os xeonllos.
Especificacións técnicas.
-
Prezo base: O pantalón desexado máis 80€ pola peza protectora.
-
Material: tecidos grosos de cotón, espuma de foam fina.
-
Peso: a peza protectora ronda os 900g de peso (pode variar en función das medidas do cliente).
-
Personalización:
-
Encargar a peza protectora outorga dereito a dous petos gratis na prenda exterior.
-
A parte externa pode personalizarse dependendo do modelo elixido.
-
Galería

Exemplo de peza protectora, co acolchado extra resaltado por unha antelina dorada.

O primeiro Protectón. Peza exterior negra con dez 'coitelos' brancos.

Protectón con peza exterior básica en negro.

Protectón con peza exterior de dez 'coitelos', vermello na perna dereita e amarelo real na esquerda.

Protectón con peza exterior negra e seis 'coitelos' en cor verde escuro.