top of page
High Hill Jacket

A High Hill Jacket é unha chaqueta almofadada para a práctica da esgrima histórica.
O deseño inspírase nun coñecido xibón de esgrima do século XVI, propiedade do Metropolitan Museum of Art de Nova Iorque, así coma diversas ilustracións de xibóns, coletes e outras prendas de ropa da época.
A High Hill Jacket está pensada especialmente para a práctica da esgrima con espada roupeira (tanto roupeiras 'temperás' de lazo e folla máis grosa, coma roupeiras 'serodias' de cunca e folla máis fina). e espada de punta e corte, aínda que tamén ten sido probada en asalto con outras armas (espada de dúas mans e simuladores de alabarda de plástico) con resultados satisfactorios. Recoméndase o emprego de proteccións plásticas adicionais en áreas especialmente sensibles coma cóbados e antebrazos para asaltos de alta intensidade, así coma para a práctica de armas con notable potencial lesivo (coma a espada de dúas mans).
A chaqueta inclúe un forro relativamente escorregadizo que facilita a tarea de poñela e quitala, ademáis dunha lapela interna que protexe a zona do peito e pescozo no caso hipotético de que unha punta de espada chegue a romper a cremalleira e colarse cara adentro.
Dispoñible tanto en 350N como en 800N.
Especificacións técnicas.
-
Prezo base:
-
370€ (350 newtons, mangas lisas).
-
420€ (350 newtons, mangas 'acoiteladas').
-
460€ (800 newtons, mangas lisas).
-
510€ (800 newtons, mangas 'acoiteladas').
-
-
Gramaxe: 950 g/m2 aprox. (1200 g/m2 na parte dianteira e antebrazos).
-
Materiais: loneta de policotón (65% poliéster 35% cotón), punto de poliéster (100%), feltro espumoso (100% acrílico), forro de poliéster ou mesturas.
-
Peso: lixeiramente superior aos 2 kg. (podevariar en función das medidas do cliente).
-
Personalización:
-
Cores: por defecto a tea exterior é negra. De seguido expoñemos unha táboa coas demáis cores dispoñibles; o prezo increméntase en +10€ en tal caso. Pode escollerse libremente a cor do fío empregado para marcar o patrón exterior de almofado. No caso das mangas 'acoiteladas', a variedade de cores dispoñibles para os 'coitelos' é máis ampla.
-

Galería

Negro (dianteiro)
Modelo base con exterior negro, patrón de almofadado en fíonegro, mangas lisas.

Negro (espalda)
Modelo base con exterior negro, patrón de almofadado en fío negro, mangas lisas (parte posterior).

Lapela interna
Detalle da lapela interna, coas iniciais do cliente bordadas a man. Forro de cor vermella.

Negro + amarelo
Modelo con mangas acoiteladas, exterior negro (patrón de almofadado en fío negro) e 'coitelos' en amarelo ouro.

Negro + vermello
Modelo con mangas 'acoiteladas', exterior negro (patrón de almofadado en fío negro) e 'coitelos' en vermello.
Análise en vídeo
bottom of page