top of page

Pluderhose

O Pluderhose é un pantalón folgado e cómodo, elaborado a partir de tecidos de diferentes cores. O deseño é unha aproximación aos auténticos "pluderhose", pantalóns gregüescos acoitelados típicos da segunda metade do século XVI. As tiras externas adoitan ser dunha cor distinta á do corpo interior da prenda, na procura dun efecto visual de contraste que sexa especialmente chamativo co pantalón en movemento.
Aínda que a vistosa e rechamangueira moda da roupa acoitelada xorde nos derradeiros anos do século XV, este tipo preciso de pantalóns ou calzas son algo posteriores, aparecendo en Centroeuropa a mediados do XVI e converténdose en fonte inmediata de grande escándalo. En poucos anos normalizaríase o seu emprego, popularizándose o deseño e expallándose por toda a parte occidental do continente.
Este "pluderhose" está dispoñible na súa versión de oito tiras externas.
Ao mesmo que sucede con outros modelos do catálogo, o deseño é totalmente compatible con proteccións para os xeonllos.
Especificacións técnicas.
-
Prezo base: 100€.
-
Material: tecidos de cotón, poliéster ou mesturas.
-
Pode elaborarse con tecido anti-perforante de resistencia certificada en 350 newtons 100% poliéster) por +30€. Nese caso, a cor principal só está dispoñible en negro ou branco. As tiras externas poden ser de calqueira cor.
-
-
Peso: 600-700g habitualmente (pode variar en función das medidas do cliente).
-
A versión de 350N ronda os 1000g de peso.
-
-
Personalización:
-
Petos: poden engadirse por +3€ (un) ou +5€ (el par). Van no interior da parte traseira, máis ou menos sobre as nádegas, non se ven dende afora. Espazo abondo para unha carteira, teléfono móbil, etc.
-
Cores: en teoría calqueira cor é posible, na práctica dependerá dos tecidos que se poidan conseguir. É posible realizar combinacións de cores (metade e metade, "xadrezado", etc.) aínda que en tal caso pode aumentar lixeiramente o prezo final.
-
A corda da cintura e as cintas dos puños son de cor negra por defecto, pero tamén poden reemprazarse por outras cores (+2€).
-
Galería

O prototipo
Prototipo elaborado con teas de cotón, en cores negra e amarela ouro.

Negro + laranxa
Negro e laranxa, versión de 350N.

Negro + granate
Negro e granate, versión de 350N.

Negro + violeta
Negro e violeta, versión de 350N.
bottom of page