top of page
Pascalón

O Pascalón é un pantalón folgado e cómodo. Axústase á cintura cunha goma elástica, ademáis dunha corda que pode atarse por diante. Os puños incorporan unha cinta para atarse por embaixo dos xeonllos, obtendo así o desexado efecto "bolsa" (algún que outro avezado esgrimista tentou atalos por enriba dos xeonllos, sen moito éxito).
O deseño é perfectamente compatible con proteccións para os xeonllos e canelas.
O modelo básico é completamente negro, aínda que existe a posibilidade de empregar teas de cores para a súa elaboración, no caso de que o cliente o desexe. Cada Pascalón confecciónase de xeito individualizado e á medida de cada cliente. Inclúense sempre as iniciais e/ou símbolo identificativo do dono na parte interna da cintura.
O nome "Pascalón" procede do insigne e inimitable David Pascal, principal fonte de inspiración do seu deseño e destacado individuo que fai amigos aló por donde pasa :-)
Especificacións técnicas.
-
Prezo base: 70€
-
Material: tecido de cotón (100%) ou policotón (por exemplo, 65% poliéster - 35% cotón).
-
Pode ser elaborado con tecido anti-perforante, de resistencia certificada de 350 newtons (100% poliéster) por +30€. Só dispoñible en negro e branco.
-
-
Peso: 400-500g habitualmente (pode variar en función das medidas do cliente).
-
A versión de 350N adoita rondar os 800g.
-
-
Personalización:
-
Petos: poden engadirse por +3€ (un) ou +5€ (o par). Van no interior da parte traseira, máis ou menos sobre as nádegas, non se ven dende afora. Espazo abondo para unha carteira, teléfono móbil, etc.
-
Cores: en teoría calqueira cor é posible, na práctica dependerá dos tecidos que se poidan conseguir. É posible realizar combinacións de cores (metade e metade, "xadrezado", etc.) aínda que en tal caso pode aumentar lixeiramente o prezo final.
-
A corda da cintura e as cintas dos puños son de cor negra por defecto, pero tamén poden reemprazarse por outras cores (+2€).
-
Galería

Negro
A versión máis habitual.

Detalles en vermello escuro
Pascalón negro, con detalles en vermello escuro.

Detalles en verde
Pascalón negro, con detalles en verde.

Marrón
Pascalón en cor marrón.

Branco
Pascalón en cor branca oso.

Versión de 350N
Pascalón negro elaborado con tecido certificado de 350 newtons.
bottom of page