
Lansquetón

O Lansquetón é un pantalón folgado e cómodo, elaborado a partir de tecidos de diferentes cores. O deseño provén de adapta-lo patrón do Pascalón, añadindo pregos de cores tanto na parte anterior coma posterior, na procura dun efecto visual de contraste que sexa especialmente chamativo co pantalón en movemento.
O nome "lansquetón" é unha homenaxe á súa principal fonte de inspiración, os pantalóns acoitelados vestidos polos lansquenetes durante os séculos XV, XVI e XVII. Hai tres modelos distintos de lansquetón: o de 10 pregos (seis diante e catro atrás), o de 8 pregos (catro diante e outros catro atrás) e o de 6 pregos (catro diante, dous atrás).
Ao igual que no caso do pascalón, o deseño é totalmente compatible con proteccións para xeonllos e canelas.
Especificacións técnicas.
-
Precio base: 90€ (seis pregos), 100€ (oito pregos), 110€ (dez pregos).
-
Material: tecido de cotón, poliéster ou mesturas.
-
Peso: 600-700g habitualmente (pode variar en función das medidas do cliente).
-
Personalización:
-
Petos: poden engadirse por +3€ (un) ou +5€ (el par). Van no interior da parte traseira, máis ou menos sobre as nádegas, non se ven dende afora. Espazo abondo para unha carteira, teléfono móbil, etc.
-
Cores: en teoría calqueira cor é posible, na práctica dependerá dos tecidos que se poidan conseguir. É posible realizar combinacións de cores (metade e metade, "xadrezado", etc.) aínda que en tal caso pode aumentar lixeiramente o prezo final.
-
A corda da cintura e as cintas dos puños son de cor negra por defecto, pero tamén poden reemprazarse por outras cores (+2€).
-
Galería

O primeiro lansquetón. Negro e amarelo ouro.

Dez pregos. Negro e vermello.

Oito pregos. Negro e branco oso.

Dez pregos. Dourado e azul esverdeado.

Dez pregos. Negro e combinación arco da vella.

Dez pregos. Negro e branco.

Lansquetón de diez cuchillos. Gris plata y azulón.

Lansquetón de 10 cuchillos. Azul y verde oscuro.

Lansquetón de diez cuchillos. Negro, gris plateado y rojo.

Lansquetón de ocho cuchillos. Azulón y rojo.

Lansquetón de ocho cuchillos. Negro, rojo y blanco.

Lansquetón de ocho cuchillos. Negro y amarillo oro.

Lansquetón de 10 cuchillos. Rojo y negro.

Lansquetón de ocho cuchillos. Marrón y verde.

Lansquetón de diez cuchillos. Azul y blanco.

Lansquetón de ocho cuchillos. Verde y púrpura.

Lansquetón de diez cuchillos. Negro y burdeos.

Lansquetón de diez cuchillos. Negro y azulón.