top of page

Catálogo         FAQ         Contacto

Index       Catálogo       FAQ       Contacto       Sobre nós       Galería

High_Hill_Pants_transp.png
Spain_flag.png

Boina

 Boina con plumas, ao estilo das empregadas por lansquenetes, suizos e outras tropas mercenarias europeas durante o século XVI.
 As boinas poden ser de feltro de lá (recomendado) ou loneta, van forradas no interior e rematadas no punto de unión, de xeito que o material externo nunca debería entrar en contacto ca pel (importante para alérxicos á lá). Amplia gama de cores dispoñibles.
 As plumas poden ser de faisán ou avestruz, naturais en ámbolos dous casos.
  Especificacións técnicas.
  • ​Prezo base: 55
  • Material: feltro de lá (recomendado) ou loneta (70% cotón - 30% poliéster); forro de raión/satén.
  • Peso: 80 g. aproximadamente (pode variar en función das medidas do cliente).
  • Personalización:
    • Cores: amplia gama dispoñible tanto en feltro de lá como en loneta. Calqueira combinación de cores é posible, se ben unha maior complexidade pode facer que o prezo final aumente lixeiramente.
    • As plumas poden ser de faisán ou avestruz, sempre naturais. No caso do faisán, combínase unha pluma da cola (máis longa) con varias do peito (sempre de tonos pardos). No caso do avestruz, pode elexirse entre cor negra ou branca (ou ambas).

Galería

bottom of page